Creación de Residuos de Contrucción e Demolición
O subprograma de xestión de Residuos de demolición e construcción de Galicia establece unha serie de obxectivos xerais:
Construcción de depósitos controlados para os residuos ou fraccións en condicións que non poñan en perigo a saúde humana nin provoquen un deterioro do medio ambiente.
Impedi-lo tratamento e o depósito inadecuado dos residuos e rexenerar os posibles espacios xa degradados como consecuencia dos mesmos.
Desenvolver programas de información, sensibilización e concienciación social que susciten a participación e maila colaboración cidadá, a participación das empresas e dos productores en xeral na totalidade do proceso.
Promover programas de formación ambiental no ensino primario e secundario.
Obxectivos particulares
Instaurar un sistema integrado de xestión de residuos de demolición e construcción.
Fomenta-la reutilización e a reciclaxe, promovendo a recollida selectiva en toda a Comunidade Autónoma.
Limita-lo vertido controlado a aqueles residuos non susceptibles de valorización.
Recupera-los espacios degradados por vertidos incontrolados.
Fomentar propostas e iniciativas de xestión dos residuos, tanto públicas como privadas, que permitan mellora-la intervención nalgunhas etapas do ciclo.
Desenvolver un marco xurídico na Comunidade Autónoma que garanta o respaldo legal ó plan.
A principal medida é a creación de depósitos para o vertido controlado destes residuos, de forma que a almacenaxe non afecte ó medioambiente.
O apoio para a creación destas infraestructuras desenvólvese en dúas fases:
Execución do vertedoiro: Construcción de depósitos controlados de residuos de construcción e demolición.
Rexeneración da zona: Unha vez finalizada a vida útil do vertedoiro procederase á clausura e selado do vertedoiro, co fin de recupera-la zona afectada e consegui-la súa integración paisaxística.
A inversión da obra será revertida ó Concello, mediante o cobro do canon de vertido, que o adicará a actuacións medioambientais.
Por vertedeiro o REAL DECRETO 1481/2001, de 27 de decembro entende unha instalación para a eliminación de residuos perante o seu depósito subterráneo ou o seu depósito en superficie, por periodos de tempo superiores a un ano cando o seu destino sexa a eliminación ou por periodos de tempo superiores a dous anos cando o seu destino final sexa a súa valorización.
Os residuos de construcción e demolición non perigosos aparecen catalogados na Lista Europea de Residuos, publicada na Orde MAM 304/2002.

Vista do vertedoiro de residuos da construcción e demolición de Silleda ó seu remate
Residuos de construcción e demolición non perigosos
Os residuos de construcción e demolición non perigosos aparecen catalogados na Lista Europea de Residuos publicada na Orden MAM 304/2002.
| Código | Descrición |
|---|---|
| 17 01 | Formigón, ladrillos, tellas e materiais cerámicos. |
| 17 01 01 | Formigón |
| 17 02 | Ladrillos |
| 17 01 03 | Tellas e materiais cerámicos |
| 17 01 07 | Mezclas de formigón, ladrillos, tellas e materiais cerámicos sin sustancias perigosas. |
| 17 02 | Madeira, vidro e plástico. |
| 17 02 01 | Madeira |
| 17 02 02 | Vidro |
| 17 02 03 | Plástico |
| 17 03 | Mezclas bituminosas, alcatrán de hulla e outros productos alcatranados. |
| 17 03 02 | Mezclas bituminosas que non conteñen alcatrán |
| 17 04 | Metais (incluindo as súas aliaxes). |
| 17 04 01 | Cobre, bronce, latón |
| 17 04 02 | Aluminio |
| 17 04 03 | Chumbo |
| 17 04 04 | Cinc |
| 17 04 05 | Ferro e aceiro |
| 17 04 06 | Estaño |
| 17 04 07 | Metais mesturados |
| 17 04 11 | Cables que non conteñan hidrocarburos, alcatrán de hulla, e outras sustancias perigosas. |
| 17 06 | Materiais de illamento e materiais de construcción que conteñen amianto. |
| 17 06 04 | Materiais de illamento que non conteñan amianto, nin sexan, nin conteñan materiais perigosos |
| 17 08 | Materiais da construcción a partir de xeso |
| 17 08 02 | Materiais da construcción a partir de xeso que non estean contaminados con sustancias perigosas. |
| 17 09 | Outros residuos de construcción e demolición |
| 17 08 | Materiais da construcción a partir de xeso |
| 17 08 02 | Materiais da construcción a partir de xeso que non estean contaminados con sustancias perigosas. |
| 17 09 | Outros residuos de construcción e demolición |
| 17 09 04 | Residuos mesturados de construcción e demolición que non conteñan mercurio, PCB, nin sustancias perigosas. |
Emprazamento dun vertedoiro de residuos de construcción e demolición
Tanto para decidi-la ubicación dun vertedoiro de residuos de construcción e demolición como para fixa-las súas características (capacidade, anos de vida útil,...), tense en conta a poboación, á que pretende dar servicio, e o volume de residuos xerados.
O emprazamento idóneo son canteiras abandoadas ou vaguadas que estean ben comunicadas.
Equipamento dun vertedeiro de residuos de construcción e demolición
Control do acceso: Procederase ó valado perimetral de toda a parcela, coa fin de evita-lo acceso ó depósito de vehículos ou personas alleas á explotación, así como de animais.
Acondicionamento e impermeabilización do vaso: En primeiro lugar procederase ó desbroce de todala superficie do vaso do vertido, fondo e cembas, coa finalidade de acondicionalo lugar para as labores de explotación.Unha vez despexado o vaso de vertido procederase á impermeabilización do mesmo (procederase á extensión dunha capa de arxila de 0.5 metros de espesor no fondo de vaso o unha capa equivalente de bentonita ou lámina de PEAD).

vaso do futuro RCD

selado inferior do RCD
Por outra banda, será preciso construir unha explanada na zona da entrada, xunto ó camiño de acceso, para a acollida das instalacións do depósito (oficina, báscula, aparcamentos, etc.). Tanto camiño de acceso ó emprazamento como o de acceso ó vaso, así como a explanada, como camiño de acceso ó vaso e o que conduce ó emprazamento revestiranse cun pavimento de zahorra artificial, para favorece-las labores de explotación. En principio non se contempla o asfaltado coa finalidade de favorece-la súa posterior integración ambiental.
Sistema de evacuación de augas pluviais e de percolación: O principal obxectivo que se persigue coa drenaxe superficial do vertedeiro é evita-la entrada de auga procedente da conca externa ó mesmo no recinto, minimizando así a infiltración na masa de residuos. Para levar a cabo esta drenaxe disporanse cunetas e/ou drenes de pluviais dimensionándose as mesmas en función do caudal estimado a partires da determinación da escorentía procedente da conca de aportación.
Control e extracción de lixivias: Para a recollida dos lixiviados instálanse drenes na base e nos bordes laterais do vertedeiro para conducilos á balsa de almacenamento. En función das posibilidades de cada emprazamento a xestión dos lixiviados realizarase mediante a súa evacuación á rede de sumidoiros ou traslado a estación depuradora.
Instalacións auxiliares: A efectos das operaciones que se van a realizar no vertedeiro, será preciso disponer dunas instalacións que permitan o desenvolvemento adecuado das mesmas:
Instalaciones de medida e control (Báscula).
Instalaciones auxiliares e servicios.
Instalaciones complementarias.
Execución cuberta de selado: A cuberta de selado é un conxunto de capas que se coloca sobre a superficie do vertedeiro como barreira para illa-los residuos e evita-la infiltración de augas pluviais. A execución deste selado farase unha vez remate a explotación do vertedeiro. A execución deste selado farase unha vez remate a explotación do vertedeiro. Para fianciar este selado parte das tasas obtidas polo depósito de residuos no vertedeiro destinaranse a esta fin. A definición da cuberta de selado inclúe a revexetación da superficie.
O volume do futuro vertedoiro decídese segundo a poboación á que pretende dar servicio.
Residuos a depositar nun RCD
Xestion
Solicitudes Información Ambiental
Boletin de Informacion Ambiental