Puntos limpos
Creación dun punto limpo > >
Fundamentalmente a vía cara ó crecemento da reciclaxe debe consistir
na separación en orixe de residuos limpos e na recolla
destes residuos en contedores separados.
Preténdese
consegui-la implantación xeneralizada de sistemas de
recollida selectiva no ámbito doméstico.
As vantaxes da recollida selectiva son:
Aforro de materia prima
Aforro de enerxía
Menor contaminación das industrias no proceso de fabricación
Obxectivos particulares dos Puntos Limpos:
Creanse puntos centralizados para o depósito por parte dos
cidadáns daqueles residuos recollidos selectivamente
para os que sexa necesaria unha xestión específica,
polo seu tamaño, residuos voluminosos, ou a súa
composición, pilas.Disolventes e outros materiais.
Os obxectivos principais destas instalacións son:
Recupera-los
materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe,
coma o papel, vidro, metais, etc.
Evita-lo
vertido incontrolado de escombros e residuos voluminosos
coma mobles ou electrodomésticos.
Separa-los
residuos xerados nos fogares que representen un risco para
o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas,
etc.
Qué é un punto limpo?
Residuos admisibles nun punto limpo
Relación puntos limpos