Desenvolvemento sostible
Fomento da Sostibilidade
Promoción
Núcleos de sostibilidade
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible vai desenvolver unha experiencia piloto en catro concellos ou agrupacións de concellos de Galicia, para integrar as accións susceptibles de ser promovidas ou apoiadas polas administracións municipal e autonómica cara ao deseņo dun desenvolvemento local sostible. Para ilo elaboraranse, de forma simultánea e harmonizada, os instrumentos que ámbalas dúas poden desenvolver para a planificación da sostibilidade (Avaliación estratéxica, Axendas 21 local e escolar, educación ambiental, instrumentos de sostibilidade empresarial, de gobernanza municipal, etc), co fin de formular un "plan integrado de sostibilidade local".
Este deberá se-lo instrumento básico de decisión nas actividades de goberno do concello, definindo liņas de acción específicas, que coordinen os recursos e esforzos provenientes das distintas Administracións públicas e das diversas áreas de goberno municipal para satisfacer todas las necesidades comúns, e que serán consideradas de carácter prioritario, no só pola Administración local senón tamén polas de orden superior, e que por tanto recibirán o apoio preferente destas para a súa execución.
Deste xeito, os municipios ou entidades locais nos que se leve a cabo esta experiencia recibirán a denominación de "Núcleos de sostibilidade integrada", que os identificará como preferentes na percepción de axudas ou na execución de investimentos de carácter medioambiental por parte da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, así como nas que puideran realizar outros departamentos da Xunta de Galicia e que tiveran relación coa execución de dito "plan integrado de sostibilidade local".
Para coņecer o proxecto máis polo miúdo pinche aquí: Núcleos de Sostenibilidade integrada.