Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia mapa

cabecera_xunta

 

 

Inicio> Calidade e Avaliación Ambiental> Mais> Rexistro de Entidades de Caracter Ambiental da Comunidade Autonoma de Galicia

Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia

 

O Decreto 226/2007, do 22 de novembro, polo que se crea o Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia (DOGA do 12 decembro do 2007), derroga o Decreto 88/1987, do 14 de abril, polo que se crea o Rexistro de Asociacións Protectoras do Medio Ambiente.

O carácter específico das entidades de carácter ambiental motiva que a consellería competente en materia de ambiente estime a oportunidade de crear un Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental, en concreto, de asociacións, fundacións e outras entidades que, sen ánimo de lucro, teñan como fin primordial o estudo, a conservación, a promoción e/ou a defensa dos recursos naturais e do ambiente.

Este rexistro configúrase como un rexistro de carácter administrativo adscrito á consellería competente en materia de ambiente, no cal se poderán inscribir todas aquelas entidades que con este carácter así o desexen. Neste sentido regúlase nesta disposición o Rexistro de entidades de carácter ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia, o procedemento de inscrición, datos que deben constar nel e as obrigas das entidades inscritas.

 
Solicitude de informacion ambiental Solicitudes Información Ambiental
Tlf: 981 541 733
Fax: 981 957 466
2009 (c) Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia.
Servizo prestado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

 

Suxestions