Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia mapa

cabecera_xunta

 

 

Inicio> Calidade e Avaliación Ambiental> Avaliación Ambiental > Pactos ambientais

Pactos ambientais

 

O principio de prevención, reducción da contaminación na súa orixe e a promoción dun desenvolvemento sostible, esixe que as empresas adopten unha política de xestión medioambiental adecuada. Por iso, as administracións públicas fomentarán a participación ambiental das empresas nestes obxectivos mediante a adopción de compromisos destinados á mellora contínua da súa actuación. O pacto ambiental é a figura utilizada para definir acordos voluntarios ós que poden chegar a Administración e as entidades para planificar as melloras ambientais a realizar nas instalacións da empresa. O pacto ambiental permitirá tamén establecer pautas de adaptación das empresas á normativa ambiental e mesmo, promover estratexias de carácter local ou comarcal como instrumento orientado á harmonización de posibles conflictos entre valores ambientais e industriais, compatibilizando as medidas correctoras có principio de viabilidade das empresas.

Mediante o pacto ambiental as empresas comprométense a realizar unha serie de actuacións nun período de tempo determinado, á vez que a Administración promove actuacións dirixidas a apoiar a obtención de axudas e/ou subvencións, así como beneficios fiscais para contribuír ó financiaciamento das melloras ambientais incluídas en dito pacto ambiental. A Administración promoverá, igualmente, actuacións dirixidas a apoiar a obtención de autorizacións de competencia doutras administracións públicas que resulten necesarias para a consecución do pacto ambiental.

Normativa aplicable.

 
Solicitude de informacion ambiental Solicitudes Información Ambiental
Tlf: 981 541 733
Fax: 981 957 466
2009 (c) Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia.
Servizo prestado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

 

Suxestions