Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia mapa

cabecera_xunta

 

 

Inicio> Calidade e Avaliación Ambiental> Avaliación Ambiental > Organismos de control (OCA)

Organismos de control (OCA´s)

 

Os organismos de control son entidades autorizadas pola Administración para a realización de ensaios e medidas nos campos para os que estean acreditados pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC).

 

Normativa aplicable

 

Teléfonos do Servicio de Xestión e Intervención Ambiental 981 541 052/ 981 541 046.

 

Requisitos para actuar como organismos de control da Administración no ámbito da calidade ambiental.

 • Os requisitos establecidos pola Consellería de Medio Ambiente para que as entidades poidan actuar como Organismos de Control da Administración nos ámbitos relativos á calidade ambiental baséanse no Real Decreto 2200/1995, de 28 de decembro, e son os seguintes:

 • Solicitude na que se especifiquen os ámbitos nos que se propón desenvolver a súa actividade dentro do ámbito da calidade ambiental.

 

Documentación que debe presentar:

 •  Acreditación pola Entidade Nacional de Acreditación (ENAC) nos campos solicitados.

 •  Declaración de naturaleza xurídica, propiedade e fontes de financiamento do organismo.

 •  Organigrama da organización.

 •  Estatutos do organismo.

 •  Declaración da entidade, socios, directivos e resto de persoal de non estaren suxeitos ás incompatibilidades correspondentes.

 •  Relación do seu persoal indicando o seu curricula e campos nos que solicita ser acreditado.

 • Documentación acreditativa das relacións ou acordos técnicos con outras entidades especializadas similares, nacionales ou extranxeiras.

 •  Procedementos específicos para trata-las reclamacións que podan recibirse e manter un arquivo con todas as reclamaciónes recibidas coas súas actuacións correspondentes.

 •  Póliza de seguro que cubra os riscos de responsabilidade civil. A contía mínima da póliza será de 1.200.000 euros, sen que a contía da póliza limite a devandita responsabilidade e quedará anualmente actualizada polos índices de prezos ó consumo.

 

Relación de organismos de control acreditados para actuar no ámbito da calidade ambiental.

 •  Os organismos de control no ámbito da calidade ambiental, área augas, rexistraranse como empresas colaboradoras MIMAM na Dirección Xeral de Obras Hidráulicas e Calidade das Augas do Ministerio de Medio Ambiente.

 

Listado de Organismos de Control en formato PDF (60 KB).

 
Solicitude de informacion ambiental Solicitudes Información Ambiental
Tlf: 981 541 733
Fax: 981 957 466
2009 (c) Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia.
Servizo prestado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

 

Suxestions