Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia mapa

cabecera_xunta

 

 

Inicio> Calidade e Avaliación Ambiental> Atmósfera> Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia

Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia

 

Correspóndelle a realización de estudios, análises e informes técnicos sobre o establecemento de parámetros, técnicas e procedementos analíticos previstos nas normas medioambientais, de conformidade co previsto no Decreto 164/1999, do 27 de maio, polo que se establecen as competencias e funcións do Laboratorio de Medio Ambiente.

Dispón vostede do anuario do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia na Biblioteca da Consellería.

 

Descrición.

Creado baixo a denominación de "Laboratorio Rexional de Medio Ambiente Industrial de Galicia" no ano 1979, polo Ministerio de Industria e Enerxía, co obxecto de prestar servicios ás súas Delegacións Provinciais e dar cumprimento ás competencias sobre o réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, como "Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia" foi transferido no ano 1980 á Xunta de Galicia, quedando adscrito á Dirección Xeral de Industria.

No momento actual, está integrado na estructura orgánica da Secretaria Xeral de Calidade e Avaliación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Está especializado na análises de contaminantes orgánicos e inorgánicos en atmosfera, augas e residuos industriais.

 

 

    Calidade do aire >>

 

    Compostos Orgánicos Persistentes (COP´s) >>

 

    Rexistro galego de emisións (REGADE) >>

 
Solicitude de informacion ambiental Solicitudes Información Ambiental
Tlf: 981 541 733
Fax: 981 957 466
2009 (c) Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia.
Servizo prestado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

 

Suxestions