Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia mapa

cabecera_xunta

 

 

O novo EPER, PRTR

 

¿Que é o rexistro PRTR?

 

PRTR responde ás siglas European Pollutants Release and Transfer Register (Rexistro Europeo de Emisións e Transferencias de Contaminantes). Os tipos de emisións e transferencias recollidas en PRTR son emisións á atmosfera, emisións á auga, emisións ao solo, transferencias fóra do emprazamento de residuos e transferencia fóra do emprazamento de contaminantes a través da auga.

A orixe do PRTR

 

O 4 de febreiro de 2006 foi publicado o Regulamento (CE) nº 166/2006, que modifica as directivas 91/689/CEE e 96/61/CE, e do que resulta a ampliación das competencias, dos controis a realizar e da información a remitir á administración. Como resultado deste Regulamento (CE) a partires do ano 2007, o rexistro EPER, pasa a ser designado como PRTR, coas novidades que se citan a continuación.

Principais novidades do PRTR

 

Segundo o artigo 5 do Regulamento (CE) deben notificarse:

a) as emisións á atmosfera, á auga e ó solo;

b) transferencias fora do emprazamento de residuos;

c) transferencia fora do emprazamento de contaminantes a través da auga.

A lista de contaminantes amplíase de 50 a 91.

O E-PRTR será tamén de aplicación en varios sectores NON IPPC, como las depuradoras de augas residuais urbanas (>100.000 equivalentes habitantes), os asteleiros (>100 metros de largo), empresas de tratamento de madeira (>50 m3/día), minas, canteiras (>25 hectáreas), piscifactorías (>1.000Tm/ano), e outras.

O E-PRTR incluirá inventario das fontes difusas e contaminación transfronteriza.

O primeiro inventario realizarase sobre as emisións do ano 2007 e publicarase no 2009, para o cal a Comisión editará unha guía de cumprimento.

( O Regulamento (CE) nº 166/2006 entra en vigor o 24 de febreiro de 2006, e será de aplicación ás emisións de sustancias contaminantes realizadas no ano 2007.)

De conformidade co disposto no artigo 14 do Regulamento nº 166/2006, que establece a obrigatoriedade por parte da Comisión da elaboración dunha guía que facilite a implantación do E-PRTR, pode descargar esta guía no acceso directo que se xunta a continuación.

Coa publicación o 23 de xuño de 2007, do RD 812/2007, que na súa Disposición final primeira modifica o RD 508/2007, as instalacións afectadas polo regulamento 166/2006, en España teñen a obriga de declarar todas as emisións á atmósfera, ao auga e ao solo de calquera dos contaminantes incluídos no anexo II do RD 508/2007, de 20 de abril.

 
Solicitude de informacion ambiental Solicitudes Información Ambiental
Tlf: 981 541 733
Fax: 981 957 466
2009 (c) Xunta de Galicia
Información mantida pola Xunta de Galicia.
Servizo prestado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

 

Suxestions