EPER-Galicia
Eper Galicia é a ferramenta deseñada para a recollida de forma sistematizada dos datos das sustancias contaminantes que deben ser notificados dacordo ó prescrito na Decisión 2000/479/CE, de 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun Inventario Europeo de Emisións Contaminantes procedentes das entidades que dispoñan de instalacións nas que se leve a cabo algunha das actividades relacionadas no anexo I da Ley IPPC. Esta información, de carácter público, será recollida e validada pola administración.
Poderá poñerse en contacto coa Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para calquera consulta relativa ós mesmos e os criterios considerados.
A través desta páxina web habilitada a tal efecto, as entidades poden aportar as súas suxerencias en todos aqueles aspectos derivados das súas experiencias, tanto na utilización do sistema como da sistemática establecida ó efecto para as transaccións de información.
Acceso a usuarios rexistrados: dirixido a titulares de instalacións que leven a cabo unha ou mais das actividades contempladas na citada lei, obrigados a notificar ao órgano ambiental competente da Comunidade Autónoma na que estean localizada os datos sobre as súas emisións, alomenos unha vez ao ano. A través desta paxina web poderán levar a cabo por vía telemática a devandita declaración.
Para que a xestión dos seus datos sexa o mais transparente posible, inclúese a xustificación dos datos de maneira electrónica de modo que os datos declarados podan ser validados pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental coñecendo con exactitude os criterios considerados por cada centro (medido, calculado e estimado, xunto co a fonte bibliográica de apoio), e a documentación que serviu de base para a súa aplicación.
Mediante o procedemento propio, a información referente ás emisións xeradas cada año configuraranse coa maior calidade en aspectos relativos a puntualidade, comparabilidade, transparencia e metodoloxía.
Nunha etapa posterior os datos validados incluiranse nun entorno de consulta das empresas galegas, no que se poderá facer comparativas deste datos.
Prazos
Revisión y validación por parte de CC.AA: 1 de outubro de 2007 a 31 de xaneiro de 2008
Revisión y validación de datos por CC.HH: 1 de febreiro a 28 de febreiro de 2008
Revisión datos polo Ministerio de Medio Ambiente: 1 de marzo - 30 de abril de 2008
Publicación datos 2005: maio 2008
Solicitudes Información Ambiental
Boletin de Informacion Ambiental