O Rexistro Europeo de Emisións Contaminantes. EPER
¿Que son os rexistros de emisións?
Os rexistros de emisións son inventarios nos que se asocia a cada fonte contaminante as súas emisións para un período de tempo determinado. Deste xeito ditos rexistros constitúen ferramentas estratéxicas empregadas nas políticas e programas ambientais que permiten fomentar a mellora do comportamento medioambiental, facilitar o acceso do público á información sobre emisións e transferencias de contaminantes ou residuos fóra do emprazamento, seguir a evolución da situación, comprobar a observancia de determinados acordos internacionais, establecer prioridades e avaliar os progresos logrados por medio das políticas e programas medioambientais comunitarios, nacionais e autonómicos.
¿Que é o rexistro EPER?
EPER son as siglas de European Pollutant Emission Register (Inventario Europeo de Emisións Contaminantes). Os tipos de emisións recollidas en EPER son emisións á atmosfera e emisións á auga.
¿Porque se realiza?
A Directiva 96/61/CE de 24 de setembro de 1996 relativa á prevención e ó control integrados da contaminación (IPPC), establece no seu artigo 15 a obrigatoriedade de inventariar e subministrar información sobre os datos das principais emisións e as súas fontes responsables; para estes efectos, a Comisión publicou a Decisión 2000/479/CE, do 17 de xullo de 2000, relativa á realización dun inventario europeo de emisións contaminantes.
Este conxunto normativo se trasladouse á lexislación estatal mediante o artigo 8 da Lei 16/2002 polo que se incorpora ó ordenamento interno español a citada directiva.
O 4 de febreiro de 2006 foi publicado o Regulamento (CE) nº 166/2006, que modifica as directivas 91/689/CEE e 96/61/CE, e do que resulta a ampliación das competencias, dos controis a realizar e da información a remitir á administración. Dito Regulamento foi completado mediante o RD 508/2007, de 20 de abril (BOE n96), que engade normas adicionais sobre o subministro da información.
Valores umbral de emisión
Os valores umbrais de emisión son os valores fixados pola Comisión Europea a partires dos cales as emisións notificadas por sustancia e por complexo poderá facerse público. A carga emitida polo complexo durante a súa actividade anual, representado en kg/ano de sustancia, será dependente das horas de actividade e do nivel de protección medioambiental do complexo. Non deben de confundirse cos valores límite de emisión establecidos na regulamentación ambiental en vigor.
Estes valores umbral no Rexistro EPER difiren dos valores no Rexistro PRTR.
¿A quen vai dirixido?
O EPER utilizarase como inventario público para proporcionar información medioambiental sobre as actividades industriais afectadas pola directiva IPPC, e ten os seguintes obxectivos:
Uso público: Chamar a atención sobre a contaminación ambiental e posibilita-las comparacións das emisións dos diferentes sectores e plantas industriais. A Comisión fará públicos os datos recollidos por cada estado membro a través de Internet.
Uso industrial: Incentiva-la mellora medioambiental e a innovación de procesos na industria. Os logros conseguidos pola industria traduciranse en reduccións de emisións que poderán ser demostrados có EPER.
Uso da Administración: Avalia-lo progreso do cumprimento de obxectivos medioambientais e establecer políticas e prioridades para reduci-las emisións, ou no seu caso eliminalas, de forma eficiente.
Publicidade dos datos
O artigo 4 da Decisión da Comisión de 17 de Xullo de 2000 relativa ó Inventario Europeo de Emisións Contaminantes (EPER) establece o seguinte respecto á publicidade dos datos validados:
Os Estados membros transmitirán por vía electrónica tódolos datos notificados.
A Comisión, asistida pola Axencia Europea de Medio Ambiente fará públicos os datos notificados mediante a súa difusión en Internet.
O organismo encargado de facer públicos os datos é a Comisión Europea aínda que o Ministerio de Medio Ambiente ou a Consellería de Medio Ambiente pode publica-los datos validados no ámbito das súas competencias.
¿Que información proporciona EPER?
Identificación das actividades potencialmente máis contaminantes de cada Estado membro.
Cargas contaminantes anuais á atmosfera e á auga (expresadas en kg/ano) emitidas polas actividades máis contaminantes, permitindo as consultas:
Por sustancia
Por sector industrial
Por localización xeográfica
¿Características dos datos?
Có fin de homoxeneizar, todos os valores exprésanse en kg/ano
O valores de emisión poden ser medidos (M), calculados (C) ou estimados (E)
M :
Dato baseado en medidas realizadas (análises)
utilizando métodos normalizados e/ou aceptados
C :
Dato baseado en cálculos utilizando métodos de estimación
e factores de emisión aceptados no ámbito nacional e
internacional (balances de materia, factores de emisión,etc.)
E :
Dato baseado en estimacións no normalizadas (experiencia, opinión
de expertos, etc.)
Solicitudes Información Ambiental
Boletin de Informacion Ambiental