Contaminación Acústica
LEXISLACIÓN EUROPEA
Directiva 2002/49/CE do Parlamento europeo e do Concello, do 25 de xuño de 2002, sobre a avaliación e xestión do ruído ambiental.
Recomendación da comisión de 6 agosto de 2003, relativa ás Orientacións sobre os métodos de cálculo provisionais revisados para o ruído industrial, procedentes de aeronaves, tráfico rodado e ferroviario e os datos de emisións correspondentes.
Con elas preténdese establecer un enfoque común para á análise do ruído nos Estados membros así como as ferramentas a empregar co fin de evitar, prever e reducir os efectos nocivos e molestias da exposición ó ruído ambiental; por medio da elaboración de mapas de ruído e plans de acción.
LEXISLACIÓN ESPAÑOLA
Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído (transposición da directiva comunitaria).
Real Decreto 1513/2005, do 16 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 37/2003, de 17 de novembro, do ruído, no tocante a avaliación e xestión do ruído ambiental. Teñen por obxecto previr, vixiar e reducir a contaminación acústica, ruídos e vibracións que impliquen molestia ou dano para as persoas, o desenvolvemento das súas actividades, para os bens de calquera natureza ou para o medio ambiente.
Real Decreto 286/2006, do 10 de marzo, sobre a protección da saúde e a seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición ó ruído.
LEXISLACIÓN DA COMUNIDADE AUTóNOMA GALEGA
Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.
Decreto 150/1999, do 7 de maio, polo que se aproba o regulamento de protección contra a contaminación acústica. Encárganse da protección das persoas contra os ruídos e vibracións provocados por calquera causa que se atope no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Decreto 320/2002, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento que establece as ordenanzas tipo sobre protección contra a contaminación acústica/>. O Decreto 320/2002 será de aplicación para os concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que non teñan ordenanzas propias en materia de contaminación acústica ou que, en caso de telas, non estean adaptadas ó estipulado na Lei 7/1997.
Existen un certo número de municipios en Galicia que dispoñen das súas propias ordenanzas de ruído como se mostra a continuación.
Solicitudes Información Ambiental
Boletin de Informacion Ambiental