Certificacións de validación de investimentos destinados á protección do medio ambiente
As certificacións de validación de investimentos destinados á protección do medio ambiente son un incentivo fiscal que permite deducir un 10% do investimento realizado no imposto de sociedades, tal e como indica a lexislación aplicable a tal efecto. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental é o órgano competente para a emisión dos devanditos certificados. Estes certificados emitense tras un proceso no que se estudia o carácter ambiental dos investimentos para os que se solicita o certificado, compróbase que se acollen a algún plan, programa, convenio ou acordo coa Administración, e verifícase que estes fosen realizados e estean en condicións de funcionamento.
Teléfonos do Servicio de Xestión e Intervención Ambiental: 981 541 052 / 981 541 046.
PLANS, CONVENIOS, PROGRAMAS OU ACORDOS
Os plans, convenios, programas ou acordos ós que se poden acoller as empresas para obte-lo certificado de convalidación de investimentos son os seguintes:
Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia.
Programa de adecuación, selado e clausura de vertedoiros.
Plan de xestión de residuos industriais e solos contaminados de Galicia.
Plan de xestión de residuos agrarios de Galicia.
Plan nacional de residuos perigosos 1995-2000.
Plan nacional de descontaminación e eliminación de policlorobifenilos (PCB), policloroterfenilos (PCT) e aparatos que os conteñan 2001-2010.
Plan nacional de residuos de Construcción e demolición 2001-2006.
Plan nacional de residuos urbanos.
Plan nacional de vehículos ó fin da súa vida útil 2001-2006.
Plan nacional de neumáticos fora de uso 2001-2006.
Plan hidrolóxico Galicia – costa.
Plan hidrolóxico nacional.
Plan de saneamiento Galicia 2000 – 2015.
Plan nacional de saneamiento e depuración de augas residuais.
Plan nacional de lodos de depuradora de augas residuais.
Plan sectorial hidroeléctrico das concas hidrográficas de Galicia.
Programa nacional de reducción progresiva de emisións nacionaiss de dióxido de azufre (SO2), óxidos de nitrógeno (NOx), compostos orgánicos volátiles (COV) e amoniaco (NH3).
V Plan xeral de residuos radiactivos.
Estratexia galega de xestión de residuos.
Estratexia española para a conservación e uso Sostible da diversidade biolóxica.
Estratexia forestal.
Pactos, convenios ou acordos aprobados ou celebrados pola Administración coas empresas.
Solicitudes Información Ambiental
Boletin de Informacion Ambiental