Avaliación de incidencia ambiental: Decreto 133/2008.
A Lei 34/2007, do 15 de novembro, de calidade do aire e protección da atmosfera, veu derrogar o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas (RAMINP), aprobado polo Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, permitindo que o citado Regulamento manteña a súa vixencia naquelas comunidades autónomas que non teñan normativa aprobada na materia, en tanto non se dite a dita normativa.
Facendo uso da habilitación contida nos artigos 13 e 14 da Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, e no marco do ámbito competencial da Comunidade Autónoma de Galicia, o decreto 133/2008 regula por unha parte o procedemento da avaliación de incidencia ambiental e por outra, aproba o nomenclátor das actividades sometidas a este, desprazando para estes efectos o Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas.
Decreto
“Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental”
Dúbidas ou suxestións
En caso de dúbidas ou suxestións, pode remitilas a través deste servizo.
Consulta de dúbidas ou suxestións recibidas e contestadas.
Solicitudes Información Ambiental
Boletin de Informacion Ambiental