banner
ÚLTIMAS NOVAS DA CONSELLERÍA

9/2/2010  viñeta

Hernández lembra que o importante é traballar para mellorar as conexións, aínda que insistiu "non se pode colocar un operador novo para facer unha conexión que a xa ten un concesionario determinado" >> máis...

9/2/2010  viñeta

Hernández remarcou que a Xunta xa está a exercer as súas competencias neste eido, que son as referentes ás axudas aos concellos para o saneamento, como xa se fixo cos proxectos do Fondo de Cohesión e se está a facer agora con novas iniciativas de saneamento como o colector dos Templarios e os bombeos da ría do Burgo. O conselleiro de Medio Ambiente insistiu en que o Ministerio debería acompañar ás iniciativas da Xunta cunha atención clara e contundente para recuperar o que é o fondo mariño e resolver o problema dos fangos na Ría do Burgo. >> máis...

9/2/2010  viñeta

Este foi un dos compromisos anunciados polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas no decurso dunha reunión co deputado autonómico Jesús Goldar. O conselleiro ofrece toda a colaboración administrativa para que o PXOM de Caldas se aprobe no prazo máis breve posible. >> máis...

9/2/2010  viñeta

Engadidos aos 18,9 millóns das anualidades en curso de axudas aprobadas en exercicios anteriores, implica que os municipios dispoñen na actualidade de preto de 30 millóns para redactar ou actualizar os seus instrumentos de ordenación. Nestes momentos só existen en Galicia 42 concellos que teñen o PXOM adaptado á Lei do Solo (o 13% do total), 196 municipios dispoñen de diferentes tipos de planeamento (62,5%) e 77 non teñen ningunha figura de planeamento urbanístico (o 24,5%). Un total de 216 concellos dispoñen de subvención da Xunta de Galicia para a elaboración dos seus plans, o que significa que o 82% dos concellos recibiu ou está recibindo subvención neste eido. >> máis...

8/2/2010  viñeta

Tal e como sinalou o conselleiro de Medio Ambiente o pasado 24 de xaneiro, os traballos de auscultación dos noiros deben realizarse baixo estritas condicións de seguridade, tanto para os condutores que circulan pola autoestrada como para os operarios. >> máis...

:: Centro de prensa ::


ESTADO DOS ENCOROS DE GALICIA
CONCAS 14/04/2008 13/04/2009
Conca Galicia-Costa 61.28 68.67
Conca Miño-Sil 66.92 79.38
Conca Limia 49.69 48.78
TOTAL GALICIA 64.81 75.5
gráfica estado encoros >> máis... (ventana nova)